viernes, 31 de diciembre de 2010

Os mellores desexos para este Ano.

O equipo deséxavos o mellor para este vindeiro ano 2011 cheo de ledicias e de futuro na Terra.

martes, 21 de diciembre de 2010

Neofalantes: Belén Regueira.

Intervención memorable da coruñesa Belén Regueira -xornalista da RTVG-, na charla-coloquio organizada polo colectivo A nave das ideas na Casa da Cultura de Vigo o 10 do nadal de 2010. Testemuña de interese. Recomendabel.


Neofalantes. Belén Regueira from Sr. Verme on Vimeo.

lunes, 20 de diciembre de 2010

Agasalla en galego.

Aquí tedes unha chea de propostas para facer agasallos nestas festas. Para acceder aos contidos, preme na revista e sobre á páxina, amplíase. Trátase dunha alternativa en galego, (libros, discos, filmes, xogos, aparellos, etc.), realizada pola Unidade Técnica de Normalización Lingüística da Deputación da Coruña.

Historia do Nadal dixital.

Os tempo cambian...

domingo, 19 de diciembre de 2010

Paulina Ceremuzynska: fermosa voz para fermosa língua.

Preséntovos a Paulina Ceremuzynska, neofalante e cantante de orixe polaca e especialista en lírica medieval galego-portuguesa. Escoitadea e logo opinade.
´
Neste outro vídeo interpreta en galego-portugués a PAIO GOMES CHARINHO, "As froles do meu amigo". Fermosíma interpretación.


Nesta outra cantiga, Paulina Ceremuzynska interpreta a Pero Meogo, que foi un xoglar de Santiago de Compostela, onde exerceu a profesión de notario na segunda metade do século XIII.
Consérvanse del 9 cantigas , recollidas no Cancioneiro da Vaticana e-Coloccia Brancuti. As súas composicións caracterízanse polo contido amoroso das mesmas. Onde a estructura principal son moitas veces a paixón dunha filla namorada, a sabedoría da nai ou do encontro dos amantes na fonte e co símbolo fálico do cervo que turba a auga.

jueves, 16 de diciembre de 2010

Manolo Rivas vai ser traducido ao chinés.

O libro de Manuel Rivas, ‘Que me queres, amor?‘ vai aparecer proximamente en mandarín da man da editorial Xangai 99 que realizará unha tirada de 8000 exemplares. O libro, Premio Torrente Ballester 1995 e Premio Nacional de Narrativa 1996, xa coñece traducións a vinte e cinco linguas diferentes.
As dezaseis narracións que compoñen o libro de Rivas conforman un dos textos máis coñecidos dentro e fóra das nosas fronteiras, gozando dun éxito de público e crítica sen precedentes. Algúns dos relatos deron lugar á película de José Luis Cuerda, ‘A lingua das bolboretas‘, da que a nosa editorial realizou unha edición especial.
Sen dúbida, unha gran nova para a nosa literatura, de cada vez, máis valorada, tamén, alén do noso país.

martes, 14 de diciembre de 2010

Presentación de "Todo é silencio". A última novela de Manuel Rivas.

Xa está nas librerías a última novela de Manolo Rivas.
Os días 17, 22 e 30 de decembro, o escritor Manuel Rivas estará asinando exemplares da súa última novela, Todo é silencio, na Coruña.
O venres 17 de decembro faráo na libraría Arenas (Cantón Pequeno, 25), o mércores 22 na libraría de El Corte Inglés da Coruña e o xoves 30 na libraría Carballido (nos Castros).
"Todo é silencio", narra o irresistíbel ascenso social de Mariscal, un capo contrabandista, e das almas que habitan Brétema, o universo que domina ao seu antollo. En Brétema, na costa atlántica, houbo un tempo en que as redes do contrabando, reconvertidas ao narcotráfico, acadaron tanto poder que estiveron moi preto de controlar o poder social e as institucións. Todo é silencio narra tamén a vida dun grupo de amigos, aos que une dende a infancia o andar á crebas, á procura de restos de naufraxios, no escenario sempre sorprendente do mar de Galicia. Ese mar que fala cos signos que deita na beira. Dende moi pronto, o destino da xente nova estará determinado pola sombra odiosa e engaiolante a un tempo do omnipresente Mariscal. Unha novela, Todo é silencio, que relata como os círculos do crime rodean e corrompen, non sempre con éxito, o extraño feitizo da condición humana.

R

Cantamos?

Orixinal cuarteto equino. Pulsas sobre  a ligazón que está baixo a imaxe  dos cabalos e podes compor unha melodía.  Compón ti mesmo unha panxoliña e faite famos@. Saúde e ritmo.



http://svt.se/hogafflahage/hogafflaHage_site/Kor/hestekor.swf

Recursos para o Nadal.

A Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística, está a facer un traballo impagabel a prol da normalización no ensino.
Este nadal a CGENDL alén de agasallarnos cunha serie de postais de nadal, que podedes mandar,  ofrécenos tamén, toda unha lista de recursos como modelos de cartas aos Reis Magos, refráns, cancións,....
Podedes acceder a estes recursos na  ligazón seguinte:
http://www.coordinadoraendl.org/nadal2010/recursos/index.php

Alumnos de Inglaterra, Irlanda e Galicia gravan «Celtic Roots»

Celtic Roots é un proxecto educativo multidisciplinar que ten como obxectivo afondar no coñecemento e na comunicación entre nenos e nenas de países que comparten unha cultura atlántica común.
Este CD-DVD recolle temas da música tradicional galega e irlandesa, interpretadas polo alumando dos colexios CEIP. Humberto Juanes de Nigrán (Galicia), St. John’s Catholic Primary School de Manchester (Reino Unido) e St. Cronan’s School de Bray (Irlanda), contando coa colaboración especial de Xose Manuel Budiño en Galicia, Michael McGoldrick no Reino Unido e Dònal Lunny en Irlanda, que fixeron posible este traballo.


Celtic Roots - EN from Casa de Tolos on Vimeo.
Camilo Franco - La Voz de Galicia (8/12/2010)
O álbum reúne dez cancións populares rexistradas por tres centros de Manchester, Bray e Nigrán.
Tres mestres, os alumnos de tres colexios, tres tradicións musicais e nove cancións son as que protagonizan un disco, Celtic Roots, que vai alén das corais, das músicas para cativos e mesmo do folk. O disco reúne a escolares de Galicia, Irlanda e Inglaterra intercambiando tradicións populares e será presentado o vindeiro venres en Vigo.
O esquema de produción do álbum explica as súas intencións: tres mestres da música popular, un por cadanseu país, apadriñan a un colexio para interpretar tres cancións da música popular respectiva. Logo, os tres centros xuntos gravan outra peza máis para completar o disco. Os tres padriños son o inglés Michael McGoldrick, coñecido por formar en Capercaille ou por ser músico de Mark Knopfler, o irlandés Dónal Lunny, integrante de Moving Hearts, e como padriño galego o gaiteiro Xosé Manuel Budiño.
Os tres colexios seleccionados para o proxecto foron o St. John’s Primary School, de Manchester, Inglaterra; o St. Cronan’s Primary School, da localidade de Bray, en Irlanda; e por parte galega o Humberto Juanes, de Nigrán.

Celtic Roots - The Anthem from Casa de Tolos on Vimeo.

domingo, 12 de diciembre de 2010

Sofware Libre

Nesta curtometraxe, explícase a diferenza entre o software libre e software propietario, realizado por Francisco Albarellos e Daniel Bañobre.

Software Libre from cinestable on Vimeo.

viernes, 10 de diciembre de 2010

Témoslle lei: O galego na Facultade de Dereito da Universidade de Santiago.

Na Facultade de Dereito da USC queren terlle lei á lingua


Témoslle lei é unha iniciativa que acaba de poñerse en marcha dirixida ao alumnado deste centro compostelán co obxecto de sensibilizalo a respecto da utilización da lingua galega no propio centro e no mundo profesional.

Témoslle Lei- Os profesionais opinan from temosllelei on Vimeo.

miércoles, 8 de diciembre de 2010

30 anos sen John Lennon.

Hoxe, 8 de decembro, cúmprese o 30 cabodano do asasinato de John Lennon, un dos integrantes dos Beatles e autor e intérprete da conocidísimo "Imagine" que se converteu nun himno á paz.Vede este video colgado por Carlochos en You Tube.

domingo, 5 de diciembre de 2010

Prazas de Compostela.

Fermosísima animación da recreación en 3-D das principais prazas da cidade de Santiago de Compostela: Praza do Obradoiro, San Martiño Pinario, Quintana de Mortos e de vivos, Praterías, xardíns de Fonseca... Nesta ponte unha  oportunidade máis para visitar  a nosa querida cidade.
Director:
Labsis, USC

jueves, 2 de diciembre de 2010

Videoclip de LORETTA MARTIN "Paraíso Distante"

Escoitade  funky en galego.
 Videoclip do primeiro tema extraído do disco de debut de LORETTA MARTIN "Paraíso Distante" (falcatruada,07). 
Galician funk.... it rocks!!!!!!!!!!!  Bó, non si?

lunes, 29 de noviembre de 2010

Cambio climático.

Deixamos este ilustrativo e didáctico video sobre o cambio climático. É realmente interesante. Védeo.

jueves, 25 de noviembre de 2010

miércoles, 24 de noviembre de 2010

25 de Novembro: Día internacional da non violencia contra as mulleres.

O 25 de Novembro, foi declarado pola Asamblea Xeral das Nacións Unidas no 1.999 : "Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller".
As mulleres son vítimas da violencia de xénero cando sofren actos de violencia física, ou psíquica, cando se ven ameazadas, coacionadas ou privadas de liberdade por parte da súa parella.
Todas as mulleres vítimas de violencia de xénero, con independencia da súa orixe, relixión ou condición social, teñen garantidos os seus dereitos recoñecidos la lei de medidas de protección contra a violencia de xénero.

Dia Internacional contra a violencia de xénero 2010 from trafegandoronseis on Vimeo.


Banco de sardiñas

Video realizado polo Acuarium Finisterrae da Coruña, no que se mostra  como se comporta un banco de sardiñas.
Onte os alumnos de Primeiro da ESO fixeron unha visita ao Acuarium.

martes, 23 de noviembre de 2010

Fermoso conto: O Rato Frederico.

O autor é Leo Lionni (* 1910 Amsterdam, † 1999 Toscana), pintor e ilustrador de contos e libros infantís. Comprobade como o portugués  nos é superdoado.



Ligazón da páxima adicada ao autor:http://www.randomhouse.com/kids/lionni/

domingo, 21 de noviembre de 2010

Video campaña promoción da lectura.

Campaña de promoción da lectura. desconxeLE "Ler e Listo".
Neste momento de enfriamento lector, propoñémosvos desconxelar as lecturas dos vosos conxeladores andeis ou que vos acheguedes á vosa libraría de referencia para conseguir un novo libro e realizar o acto lector (se vos cómpre a ansia) :) ou conservar no andel para cando o acto lector che sexa máis apropiado. Lembra que ler é conversar cun autor, un diálogo continuo e perdurable do que sempre disporemos, sexa conservado en formato sólido (en papel) ou en formato líquido (dixital).

desconxeLE from 20editora on Vimeo.

Novas: Menos axudas e prazos inviábeis aos servizos de Normalización dos Concellos.

.

Ligazón de Galicia Confidencial:


Novas:Primeiro Dicionario de pronuncia da Lingua Galega

O ILG e a RAG editan o primeiro Dicionario de pronuncia da lingua galega

A día de hoxe nin o castelán nin o portugués contan cun dicionario de pronuncia das súas Academias, algo que sí existe no caso do inglés. Pois ben,  O Instituto da Lingua Galega e a Real Academia Galega acaban de presentar o que é o primeiro dicionario de pronuncia da lingua galega.
A obra é o resultado dun traballo de varios anos coordinado polo profesor de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela Xosé Luís Regueira e conta con 47.000 entradas coa súa proposta de pronuncia modelo que ten en conta toda a información fonética coñecida do idioma. O seu obxectivo é loitar contra a hibridación fonética co castelán, que é mesmo máis perigosa e grave que a léxica, e evitar así que o galego sega a perder características que o definen, como as sete vogais.

Novas: Recoñecemento Legal do Galego no Bierzo

O Parlamento de Castela_León da cobertura legal a Lingua Galega na comarca do Bierzo.  La ligazón recolle a nova que publicou  o diario Xornal.
http://www.xornal.com/artigo/2010/11/20/politica/galego-acada-reconecemento-legal-na-lei-da-comarca-do-bierzo/2010111922521900130.html

jueves, 18 de noviembre de 2010

César Morán. Profesor do Noso Centro.

Como todos sabedes César é profesor de Lingua e Literatura Galega no noso Centro e tamén na Universidade da Coruña. Nesta reseña podedes comprobar as súas aptidudes artísticas. Estes videos corresponden a súa presentación en Culturgal 08.





As súas intervencións musicais en Culturgal.
"Deica Abril" Alvaro Cunqueiro. 


"Poème" César Morán.

Nesta ligazón atoparedes o seu curriculum.
http://www.udc.es/dep/fgp/curriculums/Cesar.htm

martes, 16 de noviembre de 2010

Sempre Rosalía.

Anímadevos a facer videos de creación e podedes insertalos neste blog.
Vede unha proba extraída de You Tube.Unha remasterizazón de "Negra sombra".


lunes, 15 de noviembre de 2010

Alieníxenas dos fondos mariños.

Os museos científicos coruñeses presentan este documental franco-canadiense sobre a intelixencia dos polbos. Filmado en alta definición e dirixido por cinematógrafos do Calypso (Jerome Julienne e John Jackson). Rodouse no Aquarium Finisterrae (A Coruña), Mónaco, Vancouver e Nápoles.A película é literalmente incribel. Os exploradores descobren estranas criaturas chegando alén da imaxinación dos artistas de efectos especiais en Hollywood.


domingo, 14 de noviembre de 2010

Novas: Axudas ao fomento do Galego. Recortes e Prazos




 Na ligazón desta reseña , a Coordinadora Galega de Equipos de Normalización Lingüística, informa dos recortes presupuestarios e do difícil cumplimento dos prazos de  sete días para xustificar  as axudas ao fomento do Galego.
http://www.coordinadoraendl.org/doc/nota%20de%20prensa%20resoluci%C3%B3n%20axudas%20ao%20fomento%20do%20galego.pdf

viernes, 12 de noviembre de 2010

Un carameliño para vos.

Edicións Nova Galicia,  ven de pubricar  este fermoso conto  titulado "Un carameliño sen cor e sen sabor" de Adelaida Pittaluga, sendo un canto a amizade e a axuda.  Realmente é un carameliño que podedes mercar para os máis pequenos . Un agasallo ideal para as festas de Nadal. Lémbrovos que  a autora é a nai de dous alumnos do noso Centro. Parabens,  e animar a seguir  espallando valores humanos que tan ben se reflicten  neste contiño de caramelo de moitos sabores solidarios.
O vindeiro venres, farase a presentación do libro no local social da asociación de veciños do Ventorillo, será as 17.30 horas. Asistide.

miércoles, 10 de noviembre de 2010

Aperta de vida.

Vede este anuncio da campaña  inglesa  "Embrace life ", de prevención dos accidentes de tráfico e a seguridade que supón o cinto de seguridade. A verdade que é fermosísimo.

sábado, 6 de noviembre de 2010

Faille un clic ao galego.

Nestas ligazóns atoparedes a forma de utilizar o galego nos sistemas operativos windows xp e vista, Office 2003 e 2007; na primeira. Na segunda a interface de windows 7.

http://www.microsoft.com/spain/gal/failleunclic/descargas.aspx
http://windows.microsoft.com/es-ES/windows7/install-galego-lip

Convocatorias:

XI Xornadas de Expresión Oral "Tíralle da Lingua"
19 e 20 de novembro de 2010
Tíralle da Lingua é un proxecto da AS-PG, dirixido ao alumnado e profesorado de todo o país, co obxectivo de normalizar o uso oral da nosa lingua, convertir o idioma en insturmento de comunicación normal, de creación e recreación de historias... de lingua vehicular do noso sistema educativo, en definitiva, de devolverlle ao galego o espazo que lle corresponde.
Imaxe da actividade
As XI Xornadas de Expresión Oral "Tíralle da Lingua" terán lugar o 19 e 20 de novembro de 2010 no Museo do Pobo Galego en Santiago de Compostela.

Programa
Venres 19 de novembro.
17:30 - 18:00.- Receptción e entrega de material.
18:00 - 20:00.- "Explicándonos con TIC". Luciano Fernández e Olga Patiño Abeixón, ensinantes.
Algunhas propostas para enriquecer as producións orais da aula e para motivar as creacións e as intervencións co fin de comunicar aprendizaxes co apio de ferramentas dixitais. Contémplase tamén a planificación destas tarefas e unha avaliación reguladora que permita a mellora competencial das destrezas orais.

Sábado 20 de novembro.
10:00 - 12:00.- "Novos tempos, novos formatos para divulgar literatura oral". Antonio Reigosa, escritor, traballa no departamento de Didáctica do Museo Provincial de Lugo e Palimoco Teatro.
As TIC non anuncian o remate senón unha oportunidade, o comezo dunha nova era para divulgar e pór en valor a literatura de tradición oral. Revisaremos os novos soportes da oralidade a través de revistas orais, webs e blogs, polafías ou apostas polo futuro da oralidade como Queres que cho conte!, un proxecto que usa recursos dramáticos e musicais para transmitir contos da nosa tradición oral.
14:00 - 14:00.- "Orellapendella, para xogar cos ditos infantís de sempre". Carlos Yus Respaldiza, profesor na Escola Oficial de Idiomas de Pontevedra, membro fundador da compañía Migallas Teatro.
A páxina web www.orellapendella.org quere contribuír á difusión da literatura popular infantil de Galicia para que siga sendo unha ferramenta educativa e de lecer para os/as galegos/as do século XXI. Na lingua galega hai infinidade de ditos, recitados, cancións, etc. que acompañaron desde hai séculos ás brincadeiras dos/as nenos/as ou as relacións entre os membros maiores da familia e os máis pequenos. Hoxe en día, debido aos cambios producidos nas formas de vida e nas actividades de lecer dos rapaces e rapazas, corremos o perigo de perdes esta riqueza definitivamente.
16:00 - 18:00.- "Contando con imaxes". Kiko da Silva, debuxante.
Posibilidades pedagóxicas da banda deseñada, elementos que compoñen este tipo de linguaxe, evolución, normalidade de uso na aula, ... A banda deseñada como medio narrativo, como canle para contar historias.
18:00 - 20:00.- "Todas e todos temos algo que contar". Paula Carballeira, narradora, poeta e actriz.
Cada persoa ten un camiño que a leva a unha historia. Ás veces é un camiño dereito, pero moi a miúdo ten varias curvas, cruces, atallos, falsas direccións. Ás veces é un camiño longo, e outras é un camiño curto. En calquera caso, cada persoa debe estar preparada para camiñar, cos seus recursos, a súa equipaxe e a ilusión de chegar ao destino. Cómpre chamar a atención nos recursos própios de cada persoa, que son os que a converten nunha transmisora única da historia que prentenden contar.

Solicitada a homologación por 10 horas lectivas.
A matrícula é gratuíta, realizarase a través da web www.as-pg.com no apartado de formación.
O número de prazas é limitado e cubrirase por rigorosa orde de inscrición, tendo en conta que hai unha reserva máxima dun 30% para aquelas persoas que nunca traballasen como docentes para a Consellería de Educación.

miércoles, 3 de noviembre de 2010

Samaín 2010


Nesta pequena reportaxe podedes ver as cabazas presentadas neste ano.
As premiadas foron as seguintes:


1º Premio

2º Premio I

2º Premio II

2º Premio III

domingo, 31 de octubre de 2010

Dúas irmás que se entenden.

Velaí  o programa  " Cuidado com a Lingua" da Radio Televisión Portuguesa (RTP) no capítulo  onde se explica a orixe común e posterior evolución de cada unha delas. Poderedes ve-las similitudes e diferenzas  de ámbalas dúas linguas: Dúas irmás que se entenden.

sábado, 30 de octubre de 2010

Sigue a música en galego!



Sigue a música en galego! from impinxidela on Vimeo.

O ENDL e o departamento de Plástica do IES.Leiladouro de Ribeira  crearon este video e colgaronno na rede.
Serva como estímulo para novas creacións e que poidan saír do noso Centro.

Novas: Afondando na socioloxía do galego.





Remitímosvos ao interesante documental  "Memoria da Lingua" realizado polo colectivo  "As Candongas  do Quirombo' na que se fai un unha serie de entrevistas para profundizar no estudo social da lingua galega.



A memoria da lingua from as candongas do quirombo on Vimeo.

jueves, 28 de octubre de 2010

Galeguiza o teu móbil.

Dende esta ligazón da Dirección Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia , onde poderás acceder ó sofware necesario para engadir o galego no teu móbil. Non esquezas de comprobar antes a compatibilidade co teu modelo.

http://www.oteumobilengalego.com/software_galego.php

lunes, 25 de octubre de 2010

Samaín 2009

Un ano máis chega o Samaín, para este ano fixemos unha convocatoria á participación dos alunmos, na que haberá:
 Concurso de cabazas.
 Concurso de contos de misterio.
As bases están colgadas en diferentes puntos do centro e en particular no corcho que tedes na entrada. O prazo de entrega de traballos remata o 28 de Outubro. Animádevos a participar!!
Deixo aquí as fotografías das cabazas gañadoras do pasado ano.

1º Premio 



2º Premio I

2º Premio III
2º Premio II

sábado, 23 de octubre de 2010

Novas: Dicionario Ir Indo

A Asociación de Empresas Galegas Adicadas a Internet e as Novas Tecnolóxicos (Eganet) premiou 

ao dicionario de galego de Ir indo, mellor aplicación ‘online’ de Galicia.




Podes acceder ó Dicionario de Galego de Ir Indo dende calquera lugar do mundo, grazas a tecnoloxía Wap. 
Para entrar só tes que teclear no teu móbil a dirección wap.digalego.com e poderás consultar en tempo real calquera das entradas do dicionario dunha forma rápida e sinxela

lunes, 18 de octubre de 2010

Outono: "Caen as follas".Poema de Uxío Novoneyra.


Que mellor que o outono para evocar a Uxío Novoneyra que neste fermoso e sinxelo poema : "Caen as follas", nos transmite unha grande sensibilidade. Ilústrase co video do poema musicado por Emilio Cao. 
“Caen as follas…
sinto unha cousa
que se apousa en min e non me toca.
E chove pra que eu soñe, pra que eu soñe,
fala a tarde baixiño.”

domingo, 17 de octubre de 2010

viernes, 15 de octubre de 2010

En galego tamén se fai ciencia.

Vídeo principal da campaña "En galego tamén se fai ciencia" promovida pola Comisión Interuniversitaria de Política Lingüística.


En galego tamén se fai ciencia from En galego tamén se fai ciencia on Vimeo.

jueves, 14 de octubre de 2010

Plan Galego de Lectura

Spot da Consellería de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia do plan de fomento da lectura.

lunes, 11 de octubre de 2010

Agromar no Agra

Nace o noso blog, creado polo equipo de normalización e dinamización lingüística  do "IES Agra do Orzán" da Coruña,  como unha ferramenta de dinamización  e promoción da nosa lingua, para acadar unha normalización plena no tecido social. Ademáis pretende ser un espazo aberto ás colaboracións, edicións de novas  de interese  e como instrumento útil para o entramado educativo e lúdico, que nos leve a  que o que hoxe  enceta como un xermolo, leve  este "Agromar no Agra" a consolidarse como un proxecto de sólidas raíces e  normal desenvolvemento.