domingo, 21 de noviembre de 2010

Novas:Primeiro Dicionario de pronuncia da Lingua Galega

O ILG e a RAG editan o primeiro Dicionario de pronuncia da lingua galega

A día de hoxe nin o castelán nin o portugués contan cun dicionario de pronuncia das súas Academias, algo que sí existe no caso do inglés. Pois ben,  O Instituto da Lingua Galega e a Real Academia Galega acaban de presentar o que é o primeiro dicionario de pronuncia da lingua galega.
A obra é o resultado dun traballo de varios anos coordinado polo profesor de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela Xosé Luís Regueira e conta con 47.000 entradas coa súa proposta de pronuncia modelo que ten en conta toda a información fonética coñecida do idioma. O seu obxectivo é loitar contra a hibridación fonética co castelán, que é mesmo máis perigosa e grave que a léxica, e evitar así que o galego sega a perder características que o definen, como as sete vogais.

No hay comentarios:

Publicar un comentario