domingo, 30 de enero de 2011

sábado, 29 de enero de 2011

Cen primaveras para Cunqueiro.

En 2011 celébrase o centenario do nacemento de Álvaro Cunqueiro, aniversario que se vai conmemorar con ducias de actividades por toda Galicia.



No noso Centro temos un gran especialista na obra de Cunqueiro, o profesor César Morán, o que lle proporemos algunha actividade alusiva ao centenario do autor.

Luz Pozo Garza, poetisa.

Luz Pozo
1922, Ribadeo 
Poeta e ensaísta
A súa achega á poesía galega é dunha autenticidade e dunha madurez que poucos lograron consolidar. A transversalidade do discurso vai do intimismo ao compromiso ético. As glosas doutras voces poéticas integradas xa na súa propia voz xeran un macrotexto de, ás veces, marcada transcendencia.



Poema adicado a Luz Pozo.
"A pesares de ser malos tempos...."
A pesares de ser malos tempos para as augas,
agromas dende o transparente Eo.
Frescura de manantal,
espello de escuma branca,
subterráneo remanso de paz.

A pesáres de ser malos tempos para os aires,
levas nas ás campos de estelas
da migratoria libertade.
Viaxeira incansable,
ave de paso.
A pesares de ser malos tempos para a música,
levas na boca un paxaro.
Arpa en Iwerddon,
verdes gaitas paralelas.

A pesares de ser malos tempos para a claridade,
enches de comprensión á ledicia.
Faro de ollos pechados

A pesares de ser malos tempos para a muller.
Gardas o segredo da vida,
Medea en Corinto,
Rosalía en Irlanda.

Porque todos sabemos que eres Luz.
Porque todos sabemos que eres Pozo.
Porque todos sabemos que eres Garza.

A pesares dos tempos que corren.
A pesares dos tempos que fuxen.
M.Pazo

Papiroflexia

Unha fermosa recreación para imaxinar un mundo mellor, partindo de la papiroflexia. Animación realizada por Xoaquín Baldwin na súa web podedes ver outras das súas creacións.

viernes, 28 de enero de 2011

Ezarfen en Estambul.

Recollo esta fermosa animación en 3D, na que se trata unha trepidante historia polas rúas de Estambul.

Hezarfen from Hezarfen on Vimeo.

jueves, 27 de enero de 2011

Bibliotecas

Aquí tedes ás bibliotecas máis fermosas do mundo.

Las bibliotecas m
- Watch more Videos at Vodpod.
Para visualizalas preme na parte inferior.

martes, 25 de enero de 2011

Yolanda Castaño, poetisa.

Seguimos coa presentación de poetas galegos actuais, e hoxe tócalle o turno a Yolanda Castaño e tamén se queredes podedes entrar na súa orixinal páxina web.


sábado, 22 de enero de 2011

Friol 1979: Grave problema de bilingüísmo.

A TVE o 28 de marzo de 1979 no programa "Vivir cada día", emitiu esta reportaxe sobre un día de escola no concello de Friol (Lugo), onde se recolle a realidade de aqueles anos, e que hoxe constitúen un verdadeira páxina de socioloxía.
No minuto 3:34 a mestra dí:
"Estos niños tienen un grave problema con el bilingüísmo. Ellos están acostumbrados a hablar en gallego casi sienpre (…) A la hora de expresarse lo hacen con dificultad (…) así perfieren a veces callarse o contestar con monosílabos”

Este video foi posteado do blog:Friol:Algo máis que pan e queixo...

Lectores.

Como vedes non hai idade para a lectura.

Catalán, eskera e galego no Senado.

O martes 19 de xaneiro de 2011, no Senado encetouse o emprego e uso normal das linguas cooficiais, euskera, galego e catalán. Reproducimos o artigo de Manuel Rivas que publicou o no País. titulado "As senadoras, o galego e o Espírito Santo.

Lugo: Cidade romana.

Recreación virtual das orixes e da historia da cidade.Vede a animación que recrea o que puido ser orixinariamente a cidade romana de Lugo es a súa primeira muralla.




Lugo Roman City from Arnaud Vercammen on Vimeo.

viernes, 21 de enero de 2011

Suxerencia.

Podedes facer videos coa vosa voz. Coas instruccións en galego e publicalas na rede. Animádevos!

jueves, 20 de enero de 2011

As Linguas de Europa.

Aquí tedes o mapa lingüístico de Europa. Moitas destas linguas están en vías de extinción. Este patrimonio cultural europeo hai conservalo.
A mellor forma é cada poblo fale a súa lingua. Se queredes ver o mapa ampliado, pulsade encima do mapa.

martes, 18 de enero de 2011

O Noso Ouro.


O noso ouro
Miguel-Anxo Murado, xornalista, guionista e escritor

A lingua é un ser vivo, escriben os poetas. Pero isto é algo máis ca unha metáfora. A lingua é, certo, un “ser” (e tamén un “estar”, e un “ir” e “vir”), e está viva de veras. É útil pensar nela coma unha especie máis do Planeta: naceu pouco despois que o home, e entre estas dúas especies estableceuse axiña unha simbiose que dura ata hoxe. A lingua precisaba do ser humano para expresarse, o ser humano necesitaba na lingua para “ser” humano, para pensar, para expresar o seu pensamento.



Por iso é tan absurdo falar das linguas en termos conflitivos. Cada lingua é como unha especie de planta ou de árbore ou de bicho: unha necesidade da natureza. E o galego é, en concreto, unha necesidade dos galegos. Foi o que os creou como tales e é, á vez, o produto da nosa identidade, dun intercambio de mil anos. Unha lingua é un consenso secreto, azaroso, initencionado, e o galego é o consenso da cultura galega, o mapa que permite lela, a cifra na que está escrita a súa paisaxe, o seu tempo e a súa mente. Certo que os galegos tamén participaron no consenso do español, como no do portugués, pero esoutras linguas non precisan dos galegos. Son ferramentas que podemos utilizar, mais o galego é outra cousa. O azar e a erosión do tempo outorgounos a custodia deste ben e, xustamente porque é un ben escaso, é máis valioso. É curioso pensar que os romanos abriron a terra en Galicia hai dous mil anos buscando ouro e prata, e carretárona ata esgotala. Mais, a cambio daquela riqueza perdida sementaron outra que a substituíu: é o galego, unha das aventuras do que foi o latín, sumado a mil anos de conversas entre cada un dos habitantes de Galicia. ¿Que pode haber de máis valioso? É o noso ouro.

Os nosos Castros: Viladonda.

Recración virtual do castro de Viladonga (Lugo), un dos miles de castros que existiron na Galiza.

sábado, 15 de enero de 2011

Percebeiros.

Nesta reportaxe emitido pola BBC, podedes ver o arriscado que é coller percebes. Xóganse a vida. Entendedes a razón de ser tan caros?

A Xanela

Daria Shornikova, unha rapaza rusa que aprendeu a falar galego, decidiu pasar o verán en Compostela. Durante a súa estadía, gravou un filme-lexicón, A Xanela, un documental en primeira persoa onde recolle as impresións de todo tipo de xente arredor da lingua galega: cal é a súa relación co idioma, como comezaron a falalo ou cales son as súas palabras favoritas.

Durante algo máis dunha hora, Daria percorre lugares como pubs, facultades ou medios de comunicación para coñecer esas historias, palabras e sentimentos de Galiza, contadas tanto por galegos de nacemento como de adopción.


"A Xanela" (2010) from daria on Vimeo.

viernes, 14 de enero de 2011

jueves, 13 de enero de 2011

Posibilidades do Catalán.

Neste video, promovido pola Generalitat de Catalunya, amósase as posibilidades do catalán como lingua de implantación, tanto socialmente como no mundo dos negocios.
Vede o xeito de presentarse ao mundo.

Blecua defende a Inmersión Lingüística.


O Presidente da Real Academia Española, defende o modelo educativo catalán de Inmersión Lingüística como xeito de supervivencia do idioma. Recollido en"Galicia Hoxe".

Conciencia.

Cando un  vello monxe eremita  ten o un día interrompido por un invitado especial, un canciño..., este evento fara que o leve  involuntariamente a unha viaxe para descubrir o verdadeiro significado da camaradería.

martes, 11 de enero de 2011

Estíbaliz Espinosa, poetisa

Neste ano que empeza tentaremos de preséntar un achegamento á poesía e a literatura galega actual. Encetamos coa coruñesa Estíbaliz Espinosa. Podedes seguir a súa traxectoria dende seu blog "... mmm..."


Poemas de amor III 

SUSPENSE


non sigas lendo. isto é unha trampa.
non vou dicirche que faría canto quixeras
e estamos incriminados nela, ti e máis eu
non vou dicirche que quizais non
e debes seguirme punto por punto ata o final
non vou dicirche que enterrei todas as palabras
estás atrapado agora, e a vida váiselle a este poema
poderás empezalo unha e mil veces e mil e unha veces acabará
da mesma forma
estamos só os dous e ti fasme sentir que todo isto é certo
pero se non é certo, por qué segues aquí
por qué segues
a piques de caer nesta trampa indivisa
na vida que se lle vai a este poema, secamente
faría canto quixeras
quizais non
enterrei todas as palabras
quédanme estas para che dicir que quero
aprender
o teu rostro
de memoria

domingo, 9 de enero de 2011

Blogosferera Galega na Rede

As novas tecnoloxías están a medrar cada vez máis. A plataforma de blogues galegos constitúen a blogosfera na nosa língua.

Multitraductor oral.

martes, 4 de enero de 2011

Letras Galegas 2011: Lois Pereiro

Rematou o 2010, ano de Novoneyra e comeza o 2011 o ano no que Galiza lembra a figura doutro poeta lugués, Lois Pereiro. Dende Medrar en Galego queremos ir facéndonos eco da figura deste escritor dende o primeiro día, e como entrantes e a agarda do material que se vaia editando ao longo do ano, sobre todo para o traballo nas aulas, imos comezar coa súa biografía (extraída da Praza das Letras) e unha probas do documental que, sobre a súa figura, realizaron Iago Martínez e Alex Cancelo.
Lois Pereiro
1958, Monforte de Lemos - 1996, A Coruña
Poeta, xornalista
A imaxe de Lois Pereiro é reflexo da súa actitude fronte a vida: esgazada, crúa e espida coma os seus versos. Estes elementos determinaron o mito marxinal e cosmopolita que o poeta personifica. A autodestrución, a desolación, a morte, son os temas predominantes na súa poesía. Da aniquilación á nostalxia foi o camiño literario que andou, deixando unha pegada cada vez máis fonda en lectores cada vez máis novos.
Lois Pereiro nace en Monforte en 1958. Realiza estudos de tradución en Madrid, cidade á que marcharía co seu irmán Xosé Manuel con só dezasete anos. Alí mantense economicamente vertendo ao castelán filmes e series para a televisión.
Pero en Madrid vai estar vencellado, por amizade e por proxectos comúns, ao grupo que formaba con Manolo Rivas, Antón Patiño ou Xavier Seoane. Co esforzo de todos, naceron as publicacións de pulo innovador, e agora xa míticas, Loia ou Luces de Galiza.
Porén, os riscos asumidos na vida madrileña de principios dos oitenta fixeron que Lois determinase o seu regreso á Coruña, onde se manteñen os nexos con aqueles que constituían o grupo de Madrid, e, de novo aquí, vivirá fundamentalmente do xornalismo. Iso si, no eido poético participa na publicación colectiva De amor e desamor e integrarase, durante 1984 e 1985, no colectivo de mesmo nome. Este feito permite que o público comece a coñecer a súa obra e a valore con compracencia.
Gaña o Concurso Nacional de Poesía O Facho: todas as súas creacións poéticas, espalladas en antoloxías ou publicacións colectivas, reúnense en Poemas. 1981/1991, en 1992. O seu primeiro libro publicado reflicte xa unha tendencia etiquetada como punk, moi presente na súa vida. As razóns para esta clasificación son, a saber, unha actitude certamente existencialista, de sarcasmo esmagador e corrosivo, un xogo de chiscadelas á autodestrución e á morte. No entanto, as súas influencias semellan ben sofisticadas. Prioritariamente chéganlle do centro de Europa, do expresionismo austro-alemán, de Thomas Bernhard, Peter Handke ou de Carver. Pero non hai que esquecer que Valente é referente fundamental nos seus primeiros pasos: ao seu abeiro nace como poeta.
En 1995 aparece a Poesía última de amor e enfermidade. Con só dous libros publicados xa define un estilo literario curto e tenso, cualificado como de economía expresiva: non se excede en recursos formais, emprega abundantemente o establecemento dicotómico de realidades elementais (amor/desamor, vida/morte). Neste derradeiro libro, en vida, de Lois, que foi reeditado nos últimos tempos, atópase un novo xeito de entender a existencia: para aprehendela en profundidade é necesario ter conciencia da morte. Isto pode ter unha interpretación vitalista que encaixaría coa ríxida etiqueta de poeta maldito, ao entender que esta postura fronte á vida nace da súa propia experiencia, que se mergulla na liña que a separa da morte.
Lois Pereiro morre pouco despois, en 1996. Nese ano do seu finamento, o seu irmán, Xosé Manuel, fai que saia á luz Poemas para unha Loia, constituído a partir de composicións da época madrileña, xa publicadas naquela revista Loia, e dun ensaio: "Modesta proposición para renunciar a facer xirar a roda hidráulica dunha cíclica historia universal da infamia". Nel expón moitas das súas ideas e conviccións sociais e políticas, ofrecendo unha panorámica que inclúe unha chea de referencias directas a escritores, filósofos ou políticos dos que bebe.
Ademais, deixou oito capítulos dunha novela inacabada, Náufragos do paradiso, publicados naquela revista que fora dirixida por Manolo Rivas, Luces de Galiza.
Pero Lois Pereiro tamén lle puxera letras ás melodías do grupo punk Radio Océano, que o seu irmán lideraba. Porque o esforzo de Lois estivo canalizado cara á contracultura, na que militaba con vehemencia. E así, as súas verbas tamén se debuxan en fancines ou en escollidos guións.
Esta condición de outsider provoca a reticencia dos académicos á hora de dedicarlle o Día das Letras Galegas, pasados xa máis de dez anos da súa morte, a pesar de que a súa obra é cada vez máis valorada polos lectores e máis considerada pola crítica.
Finalmente, o 26 de xuño de 2010 a RAG publicou a súa decisión de adicarlle o Día das Letras Galegas do 2011. A Academia apreciou:
evidentes pegadas expresionistas, referencias á literatura xermánica e certos trazos de contracultura [...] unha imaxe e unha estética que fixeron del un autor de culto. Cartografou coma ninguén o labirinto do mundo contemporáneo conciliando para tal fin o individualismo escéptico coa tradición demoledora do expresionismo centroeuropeo."
En palabras do escritor e membro da RAG Manuel Rivas:
Adicarlle a Lois o Día das Letras 2011 foi unha decisión valente da Academia, porque é un autor de culto, pero en canto se difunda a súa obra será un autor moi popular".

O corredor de fondo perde o alento

Fuxindo dunha vida inzada de renuncias
da súa liturxia obesa e oleosa,
mediocre nos seus comunais fracasos,
bágoas de xelo, indignación contida

non deu chegado a tempo de exercer
a súa rebelión,
nin de levar a cabo
a súa vinganza definitiva

contra un mundo inxusto, homicida, e cruel,
pola inutilidade da súa propia vida
solitario, enfermo e fatigado,
a morte anticipouse e chegou antes.


outono 95
De "poesía última de amor e enfermidade 1992-1995" de Lois Pereiro