miércoles, 23 de febrero de 2011

A Loba

A loba
Un relato do libro
“Cando petan na porta pola noite”,
escrito por Xabier Docampo
LIA JOVE FILGUEIRAS

martes, 22 de febrero de 2011

A Loba

La loba orde
View more presentations from endlagra.

  1. A loba
    Un relato do libro
    “Cando petan na porta pola noite”,
    escrito por Xabier Docampo
    LIA JOVE FILGUEIRAS
  2. Ficha técnica
    Título: A loba, adaptación do relato homónimo de Xabier P. Docamporecollido en Cando petan na porta pola noite (1994).
    Guión : Lía Jove Filgueiras.
    Fotografía: Lía Jove Filgueiras.
    Montaxe: profesora de lingua galega e alumnos de 2º B de ESO. 
    Narradores (por orde de aparación): Raúl Rey Cancela, Paula Mella Mosquera, Enrique Nodar Carro, Abigaíl Pallone Cortés, Claudia Castelo Lorenzo, Víctor Antelo Nieto, Brais Valderrábano Codesal, Aida Diéguez González, Iván Maques Fernández. 
    Música:
    Fuxan os Ventos: “O lobo”, versión musicada do poema homónimo de Darío Xohán Cabana.
    Luar na Lubre: “Uah lúa (folla do visgo)”
    Orquestra de cámara de Galicia: “Concerto grosso para frauta, óboe, clarinete e fagot”.
    Duración: 10 minutos.
  3. COMO SE COÑECE A HISTORIA
    Na casa de meu avó da Granda do Xermar houbo de sempre parada de bestas e esta foi a razón de que aló polos anos trinta fose meu pai varias veces á parada que había na Reborica.
    Nunha destas viaxes tivo coñecemento da historia que agora quero deixar por escrito.
    Coma sempre meu pai cruzou o Támega e púxose en Pino. Abeirou Mato e endereitou cara a Pígara, e en pouco tempo estaría na Santa Cruz de Parga ,e de alí a Trasparga, a un paso da Reborica, de non ser que comezou a nevar.
    Despois de moito andar e desandar, enxergou unha luciña non moi lonxe e cara a ela se dirixiu.
    Nalgún momento colleu cara ao norte e agora estaba en Vilargabín.
    Contáronlla a meu pai cando se perdeu do seu camiño en verde e chegou a Vilargabín en roxo.
  4. ONDE SE DESENVOLVE A HISTORIA
    Pois hoxe non se vai vostede sen que eu lla conte, que a sei ben, que o finado do meu home era do Gallado e de alí mesmo era deus perdoe a Isaura.
    O asunto non foi en Gallado, de alí era a rapaza, pero todo iso pasou non moi lonxe da Ponte de Aranga.
    Na Rilleira, estaba a casa do Silvestre, o mozo do que a Isaura quedou en estado e que lle dou palabra de casar con ela.
    Na Ponte de Aranga o Silvestre casaba con outra e alí preto da igrexa apareceu a Isaura aforcada nun castiñeiro.
    No val de Cambás, preto da Serra da Loba, o Cordal de Montouto e a Cova da Serpe.
  5. OS LUGARES DA HISTORIA
    Ponte Aranga, a igrexa. A Rilleira, a casa do Silvestre. O Gallado, a casa da Isaura
  6. Ponte Aranga
  7. Gallado
    Así que coma as gatas na xaneira, veu dar a Gallado.
    Procurou acubillo na casa dos de Revoldás.
  8. Igrexa de San Paio de Aranga
    Cando lle pareceu que xa era hora achegouse ao adro e púxose a rentes da porta.
  9. Aquela mesma noite apareceu Isaura aforcada nun castiñeiro
  10. E déronlle terra pola noite por fóra do valo do cemiterio.
  11. Case sempre baixaban por entre Cambás e o Cordal de Montouto, polo que lle chaman o Barranco da Loba
  12. Mandeo
    Saían co día cara ao Barranco, uns por unha beira do río e outros pola outra
  13. Os lobos subían cara a Rilleira.
  14. Ponte Aranga
    “… xuntaronse os homes alí onde hoxe hai unha praciña por detrás da parroquial de Aranga.”
  15. Rilleira
    O becho saltou uns chantos e meteuse na aira dunha casa, atravesouna e foise agochar nunha palleira
  16. A loba na súa fuxida…
  17. E esta foi a historia, a desgraciada historia

lunes, 21 de febrero de 2011

O galego fainos únicos.

O 21 de febreiro é o día mundial da Lingua Materna. Fagamos conservar a nosa. E unha responsabilidade que non podeos renunciar.

día mundial da lingua materna from setestralos on Vimeo.

lunes, 14 de febrero de 2011

Mundo Lois

Video dirixido por Antón Reixa na voz de Lino Braxe sobre o mundo de Lois Pereiro, ao que se lle adica este ano as letras galegas.

Mundo Lois from Mundo Lois on Vimeo.

jueves, 10 de febrero de 2011

Ana Romaní, poetisa

Preséntovos hoxe a Ana Romaní, escritora e poetisa galega.

Violencia de xénero


A violencia de xénero ensínase fundamentalmente nas casas, e o terreo de prácticas é, en primeira instancia, a escola. Parece difícil que un rapaz (ou rapaza) que na súa casa recibira unha educación mínimamente igualitaria se convirta en macho alfa por simple contaxio escolar. Ainda que pode haber de todo nesta vida. En todo caso, e dado que poucos referentes serios teñen estes cativos entre a infancia e a vida adulta agás o colexio e o instituto (descontada a familia, se é o caso) poucas esperanzas hai de que exista outra oportunidade de reeducación temperá mais alá das aulas.
Un video dun instituto galego sobre este tema:

Rec Play Stop Violencia! from Rec Play Stop Violencia on Vimeo.

domingo, 6 de febrero de 2011

Guerra e Paz

Nesta animación en HD, maniféstase a incompatibilidade entre a guerra e a infancia. Bó video para conmemorar o día da Paz.

miércoles, 2 de febrero de 2011

Imos de Museos.

Acabamos de descubrir unha páxina realmente importante, trátase de Google Art , nel podemos atopar os principais museos do mundo,e ademáis visitalos virtualmente, cunha calidade de imaxe que chega a ser impresionante. Non perdades a oportunidade de visitar esta páxina.

Xogando coa luz co meu amigo o robot.

Playing with light - Mon ami le robot from Cube Creative on Vimeo.