viernes, 31 de diciembre de 2010

Os mellores desexos para este Ano.

O equipo deséxavos o mellor para este vindeiro ano 2011 cheo de ledicias e de futuro na Terra.

martes, 21 de diciembre de 2010

Neofalantes: Belén Regueira.

Intervención memorable da coruñesa Belén Regueira -xornalista da RTVG-, na charla-coloquio organizada polo colectivo A nave das ideas na Casa da Cultura de Vigo o 10 do nadal de 2010. Testemuña de interese. Recomendabel.


Neofalantes. Belén Regueira from Sr. Verme on Vimeo.

lunes, 20 de diciembre de 2010

Agasalla en galego.

Aquí tedes unha chea de propostas para facer agasallos nestas festas. Para acceder aos contidos, preme na revista e sobre á páxina, amplíase. Trátase dunha alternativa en galego, (libros, discos, filmes, xogos, aparellos, etc.), realizada pola Unidade Técnica de Normalización Lingüística da Deputación da Coruña.

Historia do Nadal dixital.

Os tempo cambian...

domingo, 19 de diciembre de 2010

Paulina Ceremuzynska: fermosa voz para fermosa língua.

Preséntovos a Paulina Ceremuzynska, neofalante e cantante de orixe polaca e especialista en lírica medieval galego-portuguesa. Escoitadea e logo opinade.
´
Neste outro vídeo interpreta en galego-portugués a PAIO GOMES CHARINHO, "As froles do meu amigo". Fermosíma interpretación.


Nesta outra cantiga, Paulina Ceremuzynska interpreta a Pero Meogo, que foi un xoglar de Santiago de Compostela, onde exerceu a profesión de notario na segunda metade do século XIII.
Consérvanse del 9 cantigas , recollidas no Cancioneiro da Vaticana e-Coloccia Brancuti. As súas composicións caracterízanse polo contido amoroso das mesmas. Onde a estructura principal son moitas veces a paixón dunha filla namorada, a sabedoría da nai ou do encontro dos amantes na fonte e co símbolo fálico do cervo que turba a auga.

jueves, 16 de diciembre de 2010

Manolo Rivas vai ser traducido ao chinés.

O libro de Manuel Rivas, ‘Que me queres, amor?‘ vai aparecer proximamente en mandarín da man da editorial Xangai 99 que realizará unha tirada de 8000 exemplares. O libro, Premio Torrente Ballester 1995 e Premio Nacional de Narrativa 1996, xa coñece traducións a vinte e cinco linguas diferentes.
As dezaseis narracións que compoñen o libro de Rivas conforman un dos textos máis coñecidos dentro e fóra das nosas fronteiras, gozando dun éxito de público e crítica sen precedentes. Algúns dos relatos deron lugar á película de José Luis Cuerda, ‘A lingua das bolboretas‘, da que a nosa editorial realizou unha edición especial.
Sen dúbida, unha gran nova para a nosa literatura, de cada vez, máis valorada, tamén, alén do noso país.

martes, 14 de diciembre de 2010

Presentación de "Todo é silencio". A última novela de Manuel Rivas.

Xa está nas librerías a última novela de Manolo Rivas.
Os días 17, 22 e 30 de decembro, o escritor Manuel Rivas estará asinando exemplares da súa última novela, Todo é silencio, na Coruña.
O venres 17 de decembro faráo na libraría Arenas (Cantón Pequeno, 25), o mércores 22 na libraría de El Corte Inglés da Coruña e o xoves 30 na libraría Carballido (nos Castros).
"Todo é silencio", narra o irresistíbel ascenso social de Mariscal, un capo contrabandista, e das almas que habitan Brétema, o universo que domina ao seu antollo. En Brétema, na costa atlántica, houbo un tempo en que as redes do contrabando, reconvertidas ao narcotráfico, acadaron tanto poder que estiveron moi preto de controlar o poder social e as institucións. Todo é silencio narra tamén a vida dun grupo de amigos, aos que une dende a infancia o andar á crebas, á procura de restos de naufraxios, no escenario sempre sorprendente do mar de Galicia. Ese mar que fala cos signos que deita na beira. Dende moi pronto, o destino da xente nova estará determinado pola sombra odiosa e engaiolante a un tempo do omnipresente Mariscal. Unha novela, Todo é silencio, que relata como os círculos do crime rodean e corrompen, non sempre con éxito, o extraño feitizo da condición humana.

R

Cantamos?

Orixinal cuarteto equino. Pulsas sobre  a ligazón que está baixo a imaxe  dos cabalos e podes compor unha melodía.  Compón ti mesmo unha panxoliña e faite famos@. Saúde e ritmo.



http://svt.se/hogafflahage/hogafflaHage_site/Kor/hestekor.swf

Recursos para o Nadal.

A Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística, está a facer un traballo impagabel a prol da normalización no ensino.
Este nadal a CGENDL alén de agasallarnos cunha serie de postais de nadal, que podedes mandar,  ofrécenos tamén, toda unha lista de recursos como modelos de cartas aos Reis Magos, refráns, cancións,....
Podedes acceder a estes recursos na  ligazón seguinte:
http://www.coordinadoraendl.org/nadal2010/recursos/index.php

Alumnos de Inglaterra, Irlanda e Galicia gravan «Celtic Roots»

Celtic Roots é un proxecto educativo multidisciplinar que ten como obxectivo afondar no coñecemento e na comunicación entre nenos e nenas de países que comparten unha cultura atlántica común.
Este CD-DVD recolle temas da música tradicional galega e irlandesa, interpretadas polo alumando dos colexios CEIP. Humberto Juanes de Nigrán (Galicia), St. John’s Catholic Primary School de Manchester (Reino Unido) e St. Cronan’s School de Bray (Irlanda), contando coa colaboración especial de Xose Manuel Budiño en Galicia, Michael McGoldrick no Reino Unido e Dònal Lunny en Irlanda, que fixeron posible este traballo.


Celtic Roots - EN from Casa de Tolos on Vimeo.
Camilo Franco - La Voz de Galicia (8/12/2010)
O álbum reúne dez cancións populares rexistradas por tres centros de Manchester, Bray e Nigrán.
Tres mestres, os alumnos de tres colexios, tres tradicións musicais e nove cancións son as que protagonizan un disco, Celtic Roots, que vai alén das corais, das músicas para cativos e mesmo do folk. O disco reúne a escolares de Galicia, Irlanda e Inglaterra intercambiando tradicións populares e será presentado o vindeiro venres en Vigo.
O esquema de produción do álbum explica as súas intencións: tres mestres da música popular, un por cadanseu país, apadriñan a un colexio para interpretar tres cancións da música popular respectiva. Logo, os tres centros xuntos gravan outra peza máis para completar o disco. Os tres padriños son o inglés Michael McGoldrick, coñecido por formar en Capercaille ou por ser músico de Mark Knopfler, o irlandés Dónal Lunny, integrante de Moving Hearts, e como padriño galego o gaiteiro Xosé Manuel Budiño.
Os tres colexios seleccionados para o proxecto foron o St. John’s Primary School, de Manchester, Inglaterra; o St. Cronan’s Primary School, da localidade de Bray, en Irlanda; e por parte galega o Humberto Juanes, de Nigrán.

Celtic Roots - The Anthem from Casa de Tolos on Vimeo.

domingo, 12 de diciembre de 2010

Sofware Libre

Nesta curtometraxe, explícase a diferenza entre o software libre e software propietario, realizado por Francisco Albarellos e Daniel Bañobre.

Software Libre from cinestable on Vimeo.

viernes, 10 de diciembre de 2010

Témoslle lei: O galego na Facultade de Dereito da Universidade de Santiago.

Na Facultade de Dereito da USC queren terlle lei á lingua


Témoslle lei é unha iniciativa que acaba de poñerse en marcha dirixida ao alumnado deste centro compostelán co obxecto de sensibilizalo a respecto da utilización da lingua galega no propio centro e no mundo profesional.

Témoslle Lei- Os profesionais opinan from temosllelei on Vimeo.

miércoles, 8 de diciembre de 2010

30 anos sen John Lennon.

Hoxe, 8 de decembro, cúmprese o 30 cabodano do asasinato de John Lennon, un dos integrantes dos Beatles e autor e intérprete da conocidísimo "Imagine" que se converteu nun himno á paz.Vede este video colgado por Carlochos en You Tube.

domingo, 5 de diciembre de 2010

Prazas de Compostela.

Fermosísima animación da recreación en 3-D das principais prazas da cidade de Santiago de Compostela: Praza do Obradoiro, San Martiño Pinario, Quintana de Mortos e de vivos, Praterías, xardíns de Fonseca... Nesta ponte unha  oportunidade máis para visitar  a nosa querida cidade.
Director:
Labsis, USC

jueves, 2 de diciembre de 2010

Videoclip de LORETTA MARTIN "Paraíso Distante"

Escoitade  funky en galego.
 Videoclip do primeiro tema extraído do disco de debut de LORETTA MARTIN "Paraíso Distante" (falcatruada,07). 
Galician funk.... it rocks!!!!!!!!!!!  Bó, non si?