lunes, 11 de octubre de 2010

Agromar no Agra

Nace o noso blog, creado polo equipo de normalización e dinamización lingüística  do "IES Agra do Orzán" da Coruña,  como unha ferramenta de dinamización  e promoción da nosa lingua, para acadar unha normalización plena no tecido social. Ademáis pretende ser un espazo aberto ás colaboracións, edicións de novas  de interese  e como instrumento útil para o entramado educativo e lúdico, que nos leve a  que o que hoxe  enceta como un xermolo, leve  este "Agromar no Agra" a consolidarse como un proxecto de sólidas raíces e  normal desenvolvemento.

No hay comentarios:

Publicar un comentario