martes, 14 de diciembre de 2010

Alumnos de Inglaterra, Irlanda e Galicia gravan «Celtic Roots»

Celtic Roots é un proxecto educativo multidisciplinar que ten como obxectivo afondar no coñecemento e na comunicación entre nenos e nenas de países que comparten unha cultura atlántica común.
Este CD-DVD recolle temas da música tradicional galega e irlandesa, interpretadas polo alumando dos colexios CEIP. Humberto Juanes de Nigrán (Galicia), St. John’s Catholic Primary School de Manchester (Reino Unido) e St. Cronan’s School de Bray (Irlanda), contando coa colaboración especial de Xose Manuel Budiño en Galicia, Michael McGoldrick no Reino Unido e Dònal Lunny en Irlanda, que fixeron posible este traballo.


Celtic Roots - EN from Casa de Tolos on Vimeo.
Camilo Franco - La Voz de Galicia (8/12/2010)
O álbum reúne dez cancións populares rexistradas por tres centros de Manchester, Bray e Nigrán.
Tres mestres, os alumnos de tres colexios, tres tradicións musicais e nove cancións son as que protagonizan un disco, Celtic Roots, que vai alén das corais, das músicas para cativos e mesmo do folk. O disco reúne a escolares de Galicia, Irlanda e Inglaterra intercambiando tradicións populares e será presentado o vindeiro venres en Vigo.
O esquema de produción do álbum explica as súas intencións: tres mestres da música popular, un por cadanseu país, apadriñan a un colexio para interpretar tres cancións da música popular respectiva. Logo, os tres centros xuntos gravan outra peza máis para completar o disco. Os tres padriños son o inglés Michael McGoldrick, coñecido por formar en Capercaille ou por ser músico de Mark Knopfler, o irlandés Dónal Lunny, integrante de Moving Hearts, e como padriño galego o gaiteiro Xosé Manuel Budiño.
Os tres colexios seleccionados para o proxecto foron o St. John’s Primary School, de Manchester, Inglaterra; o St. Cronan’s Primary School, da localidade de Bray, en Irlanda; e por parte galega o Humberto Juanes, de Nigrán.

Celtic Roots - The Anthem from Casa de Tolos on Vimeo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario