domingo, 19 de diciembre de 2010

Paulina Ceremuzynska: fermosa voz para fermosa língua.

Preséntovos a Paulina Ceremuzynska, neofalante e cantante de orixe polaca e especialista en lírica medieval galego-portuguesa. Escoitadea e logo opinade.
´
Neste outro vídeo interpreta en galego-portugués a PAIO GOMES CHARINHO, "As froles do meu amigo". Fermosíma interpretación.


Nesta outra cantiga, Paulina Ceremuzynska interpreta a Pero Meogo, que foi un xoglar de Santiago de Compostela, onde exerceu a profesión de notario na segunda metade do século XIII.
Consérvanse del 9 cantigas , recollidas no Cancioneiro da Vaticana e-Coloccia Brancuti. As súas composicións caracterízanse polo contido amoroso das mesmas. Onde a estructura principal son moitas veces a paixón dunha filla namorada, a sabedoría da nai ou do encontro dos amantes na fonte e co símbolo fálico do cervo que turba a auga.

No hay comentarios:

Publicar un comentario