Velaí o programa " Cuidado com a Lingua" da Radio Televisión Portuguesa (RTP) no capítulo onde se explica a orixe común e posterior evolución de cada unha delas. Poderedes ve-las similitudes e diferenzas de ámbalas dúas linguas: Dúas irmás que se entenden.
domingo, 31 de octubre de 2010
sábado, 30 de octubre de 2010
Sigue a música en galego!
Sigue a música en galego! from impinxidela on Vimeo.
O ENDL e o departamento de Plástica do IES.Leiladouro de Ribeira crearon este video e colgaronno na rede.
Serva como estímulo para novas creacións e que poidan saír do noso Centro.
Novas: Afondando na socioloxía do galego.
Remitímosvos ao interesante documental "Memoria da Lingua" realizado polo colectivo "As Candongas do Quirombo' na que se fai un unha serie de entrevistas para profundizar no estudo social da lingua galega.
A memoria da lingua from as candongas do quirombo on Vimeo.
jueves, 28 de octubre de 2010
Galeguiza o teu móbil.
Dende esta ligazón da Dirección Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia , onde poderás acceder ó sofware necesario para engadir o galego no teu móbil. Non esquezas de comprobar antes a compatibilidade co teu modelo.
http://www.oteumobilengalego.com/software_galego.php
http://www.oteumobilengalego.com/software_galego.php
lunes, 25 de octubre de 2010
Samaín 2009
Un ano máis chega o Samaín, para este ano fixemos unha convocatoria á participación dos alunmos, na que haberá:
Concurso de cabazas.
Concurso de contos de misterio.
sábado, 23 de octubre de 2010
Novas: Dicionario Ir Indo
A Asociación de Empresas Galegas Adicadas a Internet e as Novas Tecnolóxicos (Eganet) premiou
ao dicionario de galego de Ir indo, mellor aplicación ‘online’ de Galicia.
Podes acceder ó Dicionario de Galego de Ir Indo dende calquera lugar do mundo, grazas a tecnoloxía Wap.
Para entrar só tes que teclear no teu móbil a dirección wap.digalego.com e poderás consultar en tempo real calquera das entradas do dicionario dunha forma rápida e sinxela
lunes, 18 de octubre de 2010
Outono: "Caen as follas".Poema de Uxío Novoneyra.
Que mellor que o outono para evocar a Uxío Novoneyra que neste fermoso e sinxelo poema : "Caen as follas", nos transmite unha grande sensibilidade. Ilústrase co video do poema musicado por Emilio Cao.
“Caen as follas…
sinto unha cousa
que se apousa en min e non me toca.
sinto unha cousa
que se apousa en min e non me toca.
E chove pra que eu soñe, pra que eu soñe,
fala a tarde baixiño.”
fala a tarde baixiño.”
domingo, 17 de octubre de 2010
viernes, 15 de octubre de 2010
En galego tamén se fai ciencia.
Vídeo principal da campaña "En galego tamén se fai ciencia" promovida pola Comisión Interuniversitaria de Política Lingüística.
En galego tamén se fai ciencia from En galego tamén se fai ciencia on Vimeo.
En galego tamén se fai ciencia from En galego tamén se fai ciencia on Vimeo.
jueves, 14 de octubre de 2010
Plan Galego de Lectura
Spot da Consellería de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia do plan de fomento da lectura.
miércoles, 13 de octubre de 2010
lunes, 11 de octubre de 2010
Agromar no Agra
Nace o noso blog, creado polo equipo de normalización e dinamización lingüística do "IES Agra do Orzán" da Coruña, como unha ferramenta de dinamización e promoción da nosa lingua, para acadar unha normalización plena no tecido social. Ademáis pretende ser un espazo aberto ás colaboracións, edicións de novas de interese e como instrumento útil para o entramado educativo e lúdico, que nos leve a que o que hoxe enceta como un xermolo, leve este "Agromar no Agra" a consolidarse como un proxecto de sólidas raíces e normal desenvolvemento.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)