Mostrando entradas con la etiqueta Poesía. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Poesía. Mostrar todas las entradas

sábado, 29 de enero de 2011

Luz Pozo Garza, poetisa.

Luz Pozo
1922, Ribadeo 
Poeta e ensaísta
A súa achega á poesía galega é dunha autenticidade e dunha madurez que poucos lograron consolidar. A transversalidade do discurso vai do intimismo ao compromiso ético. As glosas doutras voces poéticas integradas xa na súa propia voz xeran un macrotexto de, ás veces, marcada transcendencia.



Poema adicado a Luz Pozo.
"A pesares de ser malos tempos...."
A pesares de ser malos tempos para as augas,
agromas dende o transparente Eo.
Frescura de manantal,
espello de escuma branca,
subterráneo remanso de paz.

A pesáres de ser malos tempos para os aires,
levas nas ás campos de estelas
da migratoria libertade.
Viaxeira incansable,
ave de paso.
A pesares de ser malos tempos para a música,
levas na boca un paxaro.
Arpa en Iwerddon,
verdes gaitas paralelas.

A pesares de ser malos tempos para a claridade,
enches de comprensión á ledicia.
Faro de ollos pechados

A pesares de ser malos tempos para a muller.
Gardas o segredo da vida,
Medea en Corinto,
Rosalía en Irlanda.

Porque todos sabemos que eres Luz.
Porque todos sabemos que eres Pozo.
Porque todos sabemos que eres Garza.

A pesares dos tempos que corren.
A pesares dos tempos que fuxen.
M.Pazo

martes, 25 de enero de 2011

Yolanda Castaño, poetisa.

Seguimos coa presentación de poetas galegos actuais, e hoxe tócalle o turno a Yolanda Castaño e tamén se queredes podedes entrar na súa orixinal páxina web.


martes, 11 de enero de 2011

Estíbaliz Espinosa, poetisa

Neste ano que empeza tentaremos de preséntar un achegamento á poesía e a literatura galega actual. Encetamos coa coruñesa Estíbaliz Espinosa. Podedes seguir a súa traxectoria dende seu blog "... mmm..."


Poemas de amor III 

SUSPENSE


non sigas lendo. isto é unha trampa.
non vou dicirche que faría canto quixeras
e estamos incriminados nela, ti e máis eu
non vou dicirche que quizais non
e debes seguirme punto por punto ata o final
non vou dicirche que enterrei todas as palabras
estás atrapado agora, e a vida váiselle a este poema
poderás empezalo unha e mil veces e mil e unha veces acabará
da mesma forma
estamos só os dous e ti fasme sentir que todo isto é certo
pero se non é certo, por qué segues aquí
por qué segues
a piques de caer nesta trampa indivisa
na vida que se lle vai a este poema, secamente
faría canto quixeras
quizais non
enterrei todas as palabras
quédanme estas para che dicir que quero
aprender
o teu rostro
de memoria

lunes, 18 de octubre de 2010

Outono: "Caen as follas".Poema de Uxío Novoneyra.


Que mellor que o outono para evocar a Uxío Novoneyra que neste fermoso e sinxelo poema : "Caen as follas", nos transmite unha grande sensibilidade. Ilústrase co video do poema musicado por Emilio Cao. 
“Caen as follas…
sinto unha cousa
que se apousa en min e non me toca.
E chove pra que eu soñe, pra que eu soñe,
fala a tarde baixiño.”