viernes, 29 de abril de 2011
Correlingua 2011.
Informamos que o Correlingua 2011 terá lugar o día 4 de Maio coa saída do Estadio de Riazor entre as 10.30 e as 11.00 horas. O itinerario ven marcado neste mapa que se adxunta.
domingo, 24 de abril de 2011
Maxicamente vello.
Aquí tedes " Maxicamente vello", o segundo disco de Roi Casal. Unha marabilla! un fermoso tema sobre o idioma galego, baseada nun texto de Manuel María. Este será o himno do noso tempo en defensa do idioma galego.
Máxicamente vello from PAI Música on Vimeo.
jueves, 7 de abril de 2011
Os foráneos dan exemplo
Seguimos con máis testemuñas de xente de fóra que fala galego, sen prexuizo algún. Xente de Inglaterra, Escocia, Rusia, Xapón e mesmo mexicana dan proba do seu coñecemento da nosa lingua.
Xapón no corazón.
Moita xente de fóra valora o galego máis que moitos de nós. Aquí tedes un exemplo dun xaponés que ama a nosa lingua e que taduce os poemas de Rosalía ao xaponés.
GgAaL_EGO
El Puto Coke, grande expoñente do rap en Galicia, malia a súa xuventude, presentou o seu novo videoclip en Vigo, GgAaL-EGO, que inicia cun xogo de palabras con moito transfondo e moi comprometido con Galicia e coa lingua. Un referente da música actual e de moitos rapaces que dá exemplo do seu orgullo de ser galego, interpretando moitas das súas cancións na nosa lingua e que agora rompe moldes cun vídeo de gran calidade artística e cunha letra na que amosa a súa sensibilidade coa situación lingüística do pais.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)