O libro de Manuel Rivas, ‘Que me queres, amor?‘ vai aparecer proximamente en mandarín da man da editorial Xangai 99 que realizará unha tirada de 8000 exemplares. O libro, Premio Torrente Ballester 1995 e Premio Nacional de Narrativa 1996, xa coñece traducións a vinte e cinco linguas diferentes.
As dezaseis narracións que compoñen o libro de Rivas conforman un dos textos máis coñecidos dentro e fóra das nosas fronteiras, gozando dun éxito de público e crítica sen precedentes. Algúns dos relatos deron lugar á película de José Luis Cuerda, ‘A lingua das bolboretas‘, da que a nosa editorial realizou unha edición especial.
Sen dúbida, unha gran nova para a nosa literatura, de cada vez, máis valorada, tamén, alén do noso país.
No hay comentarios:
Publicar un comentario