Os días 17, 22 e 30 de decembro, o escritor Manuel Rivas estará asinando exemplares da súa última novela, Todo é silencio, na Coruña.
O venres 17 de decembro faráo na libraría Arenas (Cantón Pequeno, 25), o mércores 22 na libraría de El Corte Inglés da Coruña e o xoves 30 na libraría Carballido (nos Castros).
"Todo é silencio", narra o irresistíbel ascenso social de Mariscal, un capo contrabandista, e das almas que habitan Brétema, o universo que domina ao seu antollo. En Brétema, na costa atlántica, houbo un tempo en que as redes do contrabando, reconvertidas ao narcotráfico, acadaron tanto poder que estiveron moi preto de controlar o poder social e as institucións. Todo é silencio narra tamén a vida dun grupo de amigos, aos que une dende a infancia o andar á crebas, á procura de restos de naufraxios, no escenario sempre sorprendente do mar de Galicia. Ese mar que fala cos signos que deita na beira. Dende moi pronto, o destino da xente nova estará determinado pola sombra odiosa e engaiolante a un tempo do omnipresente Mariscal. Unha novela, Todo é silencio, que relata como os círculos do crime rodean e corrompen, non sempre con éxito, o extraño feitizo da condición humana.R
No hay comentarios:
Publicar un comentario