jueves, 10 de febrero de 2011

Violencia de xénero


A violencia de xénero ensínase fundamentalmente nas casas, e o terreo de prácticas é, en primeira instancia, a escola. Parece difícil que un rapaz (ou rapaza) que na súa casa recibira unha educación mínimamente igualitaria se convirta en macho alfa por simple contaxio escolar. Ainda que pode haber de todo nesta vida. En todo caso, e dado que poucos referentes serios teñen estes cativos entre a infancia e a vida adulta agás o colexio e o instituto (descontada a familia, se é o caso) poucas esperanzas hai de que exista outra oportunidade de reeducación temperá mais alá das aulas.
Un video dun instituto galego sobre este tema:

Rec Play Stop Violencia! from Rec Play Stop Violencia on Vimeo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario