sábado, 29 de enero de 2011

Luz Pozo Garza, poetisa.

Luz Pozo
1922, Ribadeo 
Poeta e ensaísta
A súa achega á poesía galega é dunha autenticidade e dunha madurez que poucos lograron consolidar. A transversalidade do discurso vai do intimismo ao compromiso ético. As glosas doutras voces poéticas integradas xa na súa propia voz xeran un macrotexto de, ás veces, marcada transcendencia.



Poema adicado a Luz Pozo.
"A pesares de ser malos tempos...."
A pesares de ser malos tempos para as augas,
agromas dende o transparente Eo.
Frescura de manantal,
espello de escuma branca,
subterráneo remanso de paz.

A pesáres de ser malos tempos para os aires,
levas nas ás campos de estelas
da migratoria libertade.
Viaxeira incansable,
ave de paso.
A pesares de ser malos tempos para a música,
levas na boca un paxaro.
Arpa en Iwerddon,
verdes gaitas paralelas.

A pesares de ser malos tempos para a claridade,
enches de comprensión á ledicia.
Faro de ollos pechados

A pesares de ser malos tempos para a muller.
Gardas o segredo da vida,
Medea en Corinto,
Rosalía en Irlanda.

Porque todos sabemos que eres Luz.
Porque todos sabemos que eres Pozo.
Porque todos sabemos que eres Garza.

A pesares dos tempos que corren.
A pesares dos tempos que fuxen.
M.Pazo

No hay comentarios:

Publicar un comentario