viernes, 7 de octubre de 2011

Rap Galego

No IES. Leiras Pulpeiro, un grupo de rapaces cóntanos e interpretan como compuxeron esta composición rapeira en galego.

martes, 2 de agosto de 2011

sábado, 18 de junio de 2011

Homenaxe a Agustín Fernández Paz polos CENDL

Neste video podedes ver a intervención de Agustín Fernández Paz, co gallo da homenaxe que lle deron a coordenadora dos equipos de normalización e dinamización lingüística no seu vinte aniversario. Discurso realmente emotivo.

viernes, 17 de junio de 2011

miércoles, 15 de junio de 2011

Visita do Noso Centro ao IES. Carlos Casares de Viana do Bolo.

Na primeira semana de Xuño, o noso Instituto fixo un intercambio co IES. Carlos Casares de Viana do Bolo (Ourense) na que a revista dixital "O Choupín" fai constancia da nosa visita.

martes, 7 de junio de 2011

Correlingua 2011

Fomos ao Correlingua

O 4 de maio de 2011, todos os alumnos de 2º e 3º da ESO do IES Agra do Orzán e máis institutos da comarca da Coruña fomos ao Correlingua 2011.
Empezamos preto do campo de fútbol de Riazor e rematamos xusto antes da Torre de Hércules, onde había un escenario montado para presentar os gañadores do manifesto e das pancartas. Eramos máis de 3000 rapaces e rapazas os que percorrimos o “Correlingua”. Xa na Torre vimos unha sesión de maxia e un concerto de música polo grupo “Nugalla”.
Co correlingua tentamos de que a lingua galega sexa considerada como a lingua de emprego común, do seu fomento no eido educativo e na sociedade en xeral. Nos tamén levamos varias pancartas con lemas a favor da lingua. Tamén salientouse eliminar os prexuízos con respecto aos galegofalantes e a presentación da lingua de Galicia como elemento cultural que hai que conservar e mimar. A opinión de que o galego non pasa por un bo momento é unánime porque non hai apoio desde as institucións. Nas cidades, os rapaces non están concienciados para falar galego. No noso instituto hai algúns que o falan, pero son unha minoría",
Xa na explanada da Torre de Hércules, diferentes actuacións artísticas e duns alumnos de Cerceda que, a ritmo de rap, leron un manifesto en defensa do galego co que arrincaron una sonora ovación. "Non sexas sumiso. É unha lingua que vale, así que dalle", dixeron estes rapaces, que aconsellaron o uso do galego en redes sociais, como twenty ou facebook.