Fomos ao Correlingua
O 4 de maio de 2011, todos os alumnos de 2º e 3º da ESO do IES Agra do Orzán e máis institutos da comarca da Coruña fomos ao Correlingua 2011.
Empezamos preto do campo de fútbol de Riazor e rematamos xusto antes da Torre de Hércules, onde había un escenario montado para presentar os gañadores do manifesto e das pancartas. Eramos máis de 3000 rapaces e rapazas os que percorrimos o “Correlingua”. Xa na Torre vimos unha sesión de maxia e un concerto de música polo grupo “Nugalla”.
Co correlingua tentamos de que a lingua galega sexa considerada como a lingua de emprego común, do seu fomento no eido educativo e na sociedade en xeral. Nos tamén levamos varias pancartas con lemas a favor da lingua. Tamén salientouse eliminar os prexuízos con respecto aos galegofalantes e a presentación da lingua de Galicia como elemento cultural que hai que conservar e mimar. A opinión de que o galego non pasa por un bo momento é unánime porque non hai apoio desde as institucións. Nas cidades, os rapaces non están concienciados para falar galego. No noso instituto hai algúns que o falan, pero son unha minoría",
Xa na explanada da Torre de Hércules, diferentes actuacións artísticas e duns alumnos de Cerceda que, a ritmo de rap, leron un manifesto en defensa do galego co que arrincaron una sonora ovación. "Non sexas sumiso. É unha lingua que vale, así que dalle", dixeron estes rapaces, que aconsellaron o uso do galego en redes sociais, como twenty ou facebook.
No hay comentarios:
Publicar un comentario