lunes, 15 de noviembre de 2010

Alieníxenas dos fondos mariños.

Os museos científicos coruñeses presentan este documental franco-canadiense sobre a intelixencia dos polbos. Filmado en alta definición e dirixido por cinematógrafos do Calypso (Jerome Julienne e John Jackson). Rodouse no Aquarium Finisterrae (A Coruña), Mónaco, Vancouver e Nápoles.A película é literalmente incribel. Os exploradores descobren estranas criaturas chegando alén da imaxinación dos artistas de efectos especiais en Hollywood.


domingo, 14 de noviembre de 2010

Novas: Axudas ao fomento do Galego. Recortes e Prazos




 Na ligazón desta reseña , a Coordinadora Galega de Equipos de Normalización Lingüística, informa dos recortes presupuestarios e do difícil cumplimento dos prazos de  sete días para xustificar  as axudas ao fomento do Galego.
http://www.coordinadoraendl.org/doc/nota%20de%20prensa%20resoluci%C3%B3n%20axudas%20ao%20fomento%20do%20galego.pdf

viernes, 12 de noviembre de 2010

Un carameliño para vos.

Edicións Nova Galicia,  ven de pubricar  este fermoso conto  titulado "Un carameliño sen cor e sen sabor" de Adelaida Pittaluga, sendo un canto a amizade e a axuda.  Realmente é un carameliño que podedes mercar para os máis pequenos . Un agasallo ideal para as festas de Nadal. Lémbrovos que  a autora é a nai de dous alumnos do noso Centro. Parabens,  e animar a seguir  espallando valores humanos que tan ben se reflicten  neste contiño de caramelo de moitos sabores solidarios.
O vindeiro venres, farase a presentación do libro no local social da asociación de veciños do Ventorillo, será as 17.30 horas. Asistide.

miércoles, 10 de noviembre de 2010

Aperta de vida.

Vede este anuncio da campaña  inglesa  "Embrace life ", de prevención dos accidentes de tráfico e a seguridade que supón o cinto de seguridade. A verdade que é fermosísimo.

sábado, 6 de noviembre de 2010

Faille un clic ao galego.

Nestas ligazóns atoparedes a forma de utilizar o galego nos sistemas operativos windows xp e vista, Office 2003 e 2007; na primeira. Na segunda a interface de windows 7.

http://www.microsoft.com/spain/gal/failleunclic/descargas.aspx
http://windows.microsoft.com/es-ES/windows7/install-galego-lip

Convocatorias:

XI Xornadas de Expresión Oral "Tíralle da Lingua"
19 e 20 de novembro de 2010
Tíralle da Lingua é un proxecto da AS-PG, dirixido ao alumnado e profesorado de todo o país, co obxectivo de normalizar o uso oral da nosa lingua, convertir o idioma en insturmento de comunicación normal, de creación e recreación de historias... de lingua vehicular do noso sistema educativo, en definitiva, de devolverlle ao galego o espazo que lle corresponde.
Imaxe da actividade
As XI Xornadas de Expresión Oral "Tíralle da Lingua" terán lugar o 19 e 20 de novembro de 2010 no Museo do Pobo Galego en Santiago de Compostela.

Programa
Venres 19 de novembro.
17:30 - 18:00.- Receptción e entrega de material.
18:00 - 20:00.- "Explicándonos con TIC". Luciano Fernández e Olga Patiño Abeixón, ensinantes.
Algunhas propostas para enriquecer as producións orais da aula e para motivar as creacións e as intervencións co fin de comunicar aprendizaxes co apio de ferramentas dixitais. Contémplase tamén a planificación destas tarefas e unha avaliación reguladora que permita a mellora competencial das destrezas orais.

Sábado 20 de novembro.
10:00 - 12:00.- "Novos tempos, novos formatos para divulgar literatura oral". Antonio Reigosa, escritor, traballa no departamento de Didáctica do Museo Provincial de Lugo e Palimoco Teatro.
As TIC non anuncian o remate senón unha oportunidade, o comezo dunha nova era para divulgar e pór en valor a literatura de tradición oral. Revisaremos os novos soportes da oralidade a través de revistas orais, webs e blogs, polafías ou apostas polo futuro da oralidade como Queres que cho conte!, un proxecto que usa recursos dramáticos e musicais para transmitir contos da nosa tradición oral.
14:00 - 14:00.- "Orellapendella, para xogar cos ditos infantís de sempre". Carlos Yus Respaldiza, profesor na Escola Oficial de Idiomas de Pontevedra, membro fundador da compañía Migallas Teatro.
A páxina web www.orellapendella.org quere contribuír á difusión da literatura popular infantil de Galicia para que siga sendo unha ferramenta educativa e de lecer para os/as galegos/as do século XXI. Na lingua galega hai infinidade de ditos, recitados, cancións, etc. que acompañaron desde hai séculos ás brincadeiras dos/as nenos/as ou as relacións entre os membros maiores da familia e os máis pequenos. Hoxe en día, debido aos cambios producidos nas formas de vida e nas actividades de lecer dos rapaces e rapazas, corremos o perigo de perdes esta riqueza definitivamente.
16:00 - 18:00.- "Contando con imaxes". Kiko da Silva, debuxante.
Posibilidades pedagóxicas da banda deseñada, elementos que compoñen este tipo de linguaxe, evolución, normalidade de uso na aula, ... A banda deseñada como medio narrativo, como canle para contar historias.
18:00 - 20:00.- "Todas e todos temos algo que contar". Paula Carballeira, narradora, poeta e actriz.
Cada persoa ten un camiño que a leva a unha historia. Ás veces é un camiño dereito, pero moi a miúdo ten varias curvas, cruces, atallos, falsas direccións. Ás veces é un camiño longo, e outras é un camiño curto. En calquera caso, cada persoa debe estar preparada para camiñar, cos seus recursos, a súa equipaxe e a ilusión de chegar ao destino. Cómpre chamar a atención nos recursos própios de cada persoa, que son os que a converten nunha transmisora única da historia que prentenden contar.

Solicitada a homologación por 10 horas lectivas.
A matrícula é gratuíta, realizarase a través da web www.as-pg.com no apartado de formación.
O número de prazas é limitado e cubrirase por rigorosa orde de inscrición, tendo en conta que hai unha reserva máxima dun 30% para aquelas persoas que nunca traballasen como docentes para a Consellería de Educación.

miércoles, 3 de noviembre de 2010

Samaín 2010


Nesta pequena reportaxe podedes ver as cabazas presentadas neste ano.
As premiadas foron as seguintes:


1º Premio

2º Premio I

2º Premio II

2º Premio III