sábado, 6 de noviembre de 2010

Convocatorias:

XI Xornadas de Expresión Oral "Tíralle da Lingua"
19 e 20 de novembro de 2010
Tíralle da Lingua é un proxecto da AS-PG, dirixido ao alumnado e profesorado de todo o país, co obxectivo de normalizar o uso oral da nosa lingua, convertir o idioma en insturmento de comunicación normal, de creación e recreación de historias... de lingua vehicular do noso sistema educativo, en definitiva, de devolverlle ao galego o espazo que lle corresponde.
Imaxe da actividade
As XI Xornadas de Expresión Oral "Tíralle da Lingua" terán lugar o 19 e 20 de novembro de 2010 no Museo do Pobo Galego en Santiago de Compostela.

Programa
Venres 19 de novembro.
17:30 - 18:00.- Receptción e entrega de material.
18:00 - 20:00.- "Explicándonos con TIC". Luciano Fernández e Olga Patiño Abeixón, ensinantes.
Algunhas propostas para enriquecer as producións orais da aula e para motivar as creacións e as intervencións co fin de comunicar aprendizaxes co apio de ferramentas dixitais. Contémplase tamén a planificación destas tarefas e unha avaliación reguladora que permita a mellora competencial das destrezas orais.

Sábado 20 de novembro.
10:00 - 12:00.- "Novos tempos, novos formatos para divulgar literatura oral". Antonio Reigosa, escritor, traballa no departamento de Didáctica do Museo Provincial de Lugo e Palimoco Teatro.
As TIC non anuncian o remate senón unha oportunidade, o comezo dunha nova era para divulgar e pór en valor a literatura de tradición oral. Revisaremos os novos soportes da oralidade a través de revistas orais, webs e blogs, polafías ou apostas polo futuro da oralidade como Queres que cho conte!, un proxecto que usa recursos dramáticos e musicais para transmitir contos da nosa tradición oral.
14:00 - 14:00.- "Orellapendella, para xogar cos ditos infantís de sempre". Carlos Yus Respaldiza, profesor na Escola Oficial de Idiomas de Pontevedra, membro fundador da compañía Migallas Teatro.
A páxina web www.orellapendella.org quere contribuír á difusión da literatura popular infantil de Galicia para que siga sendo unha ferramenta educativa e de lecer para os/as galegos/as do século XXI. Na lingua galega hai infinidade de ditos, recitados, cancións, etc. que acompañaron desde hai séculos ás brincadeiras dos/as nenos/as ou as relacións entre os membros maiores da familia e os máis pequenos. Hoxe en día, debido aos cambios producidos nas formas de vida e nas actividades de lecer dos rapaces e rapazas, corremos o perigo de perdes esta riqueza definitivamente.
16:00 - 18:00.- "Contando con imaxes". Kiko da Silva, debuxante.
Posibilidades pedagóxicas da banda deseñada, elementos que compoñen este tipo de linguaxe, evolución, normalidade de uso na aula, ... A banda deseñada como medio narrativo, como canle para contar historias.
18:00 - 20:00.- "Todas e todos temos algo que contar". Paula Carballeira, narradora, poeta e actriz.
Cada persoa ten un camiño que a leva a unha historia. Ás veces é un camiño dereito, pero moi a miúdo ten varias curvas, cruces, atallos, falsas direccións. Ás veces é un camiño longo, e outras é un camiño curto. En calquera caso, cada persoa debe estar preparada para camiñar, cos seus recursos, a súa equipaxe e a ilusión de chegar ao destino. Cómpre chamar a atención nos recursos própios de cada persoa, que son os que a converten nunha transmisora única da historia que prentenden contar.

Solicitada a homologación por 10 horas lectivas.
A matrícula é gratuíta, realizarase a través da web www.as-pg.com no apartado de formación.
O número de prazas é limitado e cubrirase por rigorosa orde de inscrición, tendo en conta que hai unha reserva máxima dun 30% para aquelas persoas que nunca traballasen como docentes para a Consellería de Educación.

No hay comentarios:

Publicar un comentario